viernes, 7 de febrero de 2014

IMPRESORAS 3D

O FUNCIONAMENTO DAS IMPRESORAS 3D

Todo empeza cun concepto. Créase un "mapa" do obxecto a imprimir con axuda dun software de modelado dixital. O programa divide o obxecto en seccións para que lle sexa máis doado á impresora dixerir a información. Isto pode facerse na casa dende unha computadora, ou ben pódense descargar deseños pre-feitos en sitios como Shapeways, Sculpteo ou Thingiverse.

Posteriormente, o deseño é enviado á impresora 3D baixo a extensión de arquivo estándar.STL (stereolitografía). Unha vez completado este paso, elíxese o material que se utilizará dependendo da impresora. Empréganse variedades de plástico, papel, goma e diversos metais, entre outros.

Finalmente, a impresora empeza a depositar o material sobre unha plataforma. Imaxina sobre montar rebandas de pan ata obter o pan enteiro. Algo similar sucede coa impresora; capa por capa, constrúe o obxecto de abaixo cara a arriba. Cada capa mide aproximadamente 0.1 mm, polo que se pode tardar horas, mesmo días, en completar o obxecto (dependendo da súa magnitude e complexidade).

OBSERVA O FUNCIONAMENTO DA IMPRESORA 3D NESTE VÍDEO


AQUÍ TEDES UNHAS CANTAS FOTOS DE IMPRESORAS 3D





PARA MÁIS INFORMACIÓN RECOMÉNDOVOS ENTRAR NESTA PÁXINA WEB




No hay comentarios:

Publicar un comentario