martes, 4 de febrero de 2014

MONITORES LED

Os monitores LED son monitores que utilizan diodos emisores de luz (LEDs) para reproducir unha imaxe . Estes distribúense en módulos de varios LEDs RGB (LEDs que poden reproducir as tres cores básicas-verde,vermello e azul-) dispostos en forma de matriz para conformar o píxel có que se poden formar diferentes imaxes dende caracteres, textos, fotografías ou vídeos.

Os datos da imaxe envíanse desde un ordenador a través do porto de vídeo ós circuítos da pantalla LED que albergan un microprocesador que determina á posición exacta de cada píxel. Unha pantalla LED conta con dúas placas de vidro, unha delas iluminada desde atrás pólos dispositivos LED, isto proporciona o brillo á pantalla.

Cando se determina a que píxel se lle quere dar cor excítase unha das tres substancias que contén cada cédula facendo que adopten unha das tres cores básicas. A corrente que chega a cada píxel determina a saturación para cada cor, facéndose así posible reproducir unha gama de máis de 16 millóns de cores. Este proceso repítese cada vez que cambian as imaxes na pantalla.

As súas ventaxes respecto a outros monitores son:
  • Ampla variedade de tamaños 
  • Non reflicten a luz do ambiente. 
  • Vénse ben desde distintas angulacións. 
  • Larga vida dos díodos. 
  • Aforro enerxético. 
  • Mellor visualización: debida ó uso da chamada tecnoloxía estática, na que a pantalla non se actualiza, senón que permanece quieta ata que recibe a orde da computadora de cambiar de cor, deste xeito o ollo humano traballa menos e non se cansa a vista. 
  • Maior resolución: Un píxel é cada un dos puntos de cor da pantalla, a resolución é a cantidade máxima de píxeles que se poden despregar na pantalla. 
  • Numerosos extras: Capacidade para 3D, soporte Wi-Fi, entradas USB...
Información obtida de:http://gl.wikipedia.org/wiki/Pantalla_LED




     

No hay comentarios:

Publicar un comentario